/ginger-light

Eclipse editor theme

OtherNOASSERTION

Ginger Light

Tema para o editor de Eclipse feito en http://www.eclipsecolorthemes.org. Páxina do tema O obxetivo do tema e facilitar a lectura de código e usar cores que non queimen as córneas.

Instalación

Hai dúas maneiras de instalalo:

  1. Descargar o arquivo ginger-light.epf e importar as preferencias en Eclipse.
  2. Instalar o plugin Eclipse Color Theme ou DevStyle Descargar o arquivo ginger-light.xml e importalo.

Cores

Usa as cores básicas do editor de Java de Eclipse coas seguintes modificacións:

  • Texto: En xeral substitúese calquera texto en negro por gris escuro.

  • Palabras clave: Copiei o color das palabras clave que usa o plugin Clean Sheet. É un pouco máis suave que o que ten por defecto o Eclipse e non molesta tanto a vista.

  • Fondo de selección: Azul un pouco máis escuro e apagado. Axuda a focalizar no que se está seleccionando.

  • Declaracións de métodos: En negriña. Axuda a visualizar de forma global unha clase.

  • Comentarios: En gris claro a non ser que teñan unha palabra clave (TODO, FIXME, XXX...). Canto menos se vexan menos se lles fai caso.

  • Números: En magenta. Non me gusta usar números a pelo no código así que se os uso quero que destaquen ben.

  • Strings: En verde. Non me gusta que teñan a mesma cor que as constantes.

  • Cor de texto por defecto: Negro cun pouco menos de saturación que o #000000

Previsualización

Ginger light theme