Exercicios para practicar comandos en bash.
Velaí vai unha ristra de scripts para practicar os comandos que xa coñecemos. A idea é que eu poño as liñas comentadas do que debe facer o script e vós ides enchendo.
Aquí contamos como se organiza o repositorio e a proposta de traballo.
Podedes usar este emulador de bash online
Por se queredes consultar comandos de bash:
- páxina sinxela
- oito titoriais con todo o que vimos
- o comando man no terminal, claro.
Este repositorio é unha das actividades que facemos en clase de Sistemas Operativos Monoposto do ciclo medio SMR.
No blog da asignatura falamos de comandos bash en: irocho.wordpress.com
Temos un repositorio cuspidiño a este de comandos en batch
Algunhas anotacións dos contidos da asignatura SOM e como se foi facendo ese repositorio en Jekyll