NOTE: In the near future there will be an english version of this documentation
Este repositorio forma parte do proxecto IoT no Rural
Esta guía recolle a documentación, código e arquivos necesarios para a construcción e posta en marcha dunha estación meteorolóxica baseada en ESP8266, e polo tanto, comunicada por Wifi coa rede local dunha vivenda.
A estación recibe a alimentación dunha pequena fonte enchufada á rede eléctrica doméstica. O ESP8266 está aloxado nuna caixa estanca estándar para isntalacións eléctricas que cumpriu coa súa función sen problemas por máis dun ano. O código está feito para comunicarse co servidor MQTT da Raspberri Pi que forma parte deste proxecto.
Con esta instalación preténdese:
-
Testear a resistencia dos sensores ante as inclemencias meteorolóxicas (o DHT20 non sobreviveu).
-
Testear a calidade das medidas obtidas no exterior.
-
Probar o funcionamento de sensores que pola súa natureza só poden estar no exterior (pluviómetro, anemómetro, humidade do solo, etc).
-
Enriquecer o conxunto e tipo de datos recibidos no noso sistema IoT.
Neste momento a estación dispón dos seguintes sensores:
-
Un sensor de temperatura e humidade ambiental HDC1080, do que xa falamos neste documento cando o conectamos á RPi. Está aloxado nun escudo antiradiación impreso en PETG que da moi bo resultado.
-
Un pluviómetro comercial barato de tipo balancín que fai un reconto dos balanceos provocados pola acumulación de auga nos pequenos depósitos. Tentei
Próximamente engadirei un sensor de chuvia e outro para a humidade do chan. Tamén me gustaría construir un anemómetro de ultrasóns.
Pendente de subir