-antes era Vacalourabot-
Escornabot e un xoguete-robot que se despraza con ordes moi simples de dirección adiante-atrás e xiro esquerda-dereita.
As ordes son programadas con catro teclas-botón representando os movementos, outro botón 'ir' que executa o programa de movementos e un botón extra que permite borrar os movementos programados.
Unha vacaloura ou escornabois (Lucanus Cervus) é o insecto máis grande de Europa. Está en perigo de extinción e protexido polas autoridades. Se atopas algún preto dunha carballeira protéxeo como se fora o derradeiro :)